• Espazo Xove |Martes, 11 de xuño 2024
    Jun 11 2024
    A partir do luns 24 o Espazo Xove de Tui iniciará o seu horario de verán, que pasará a ser só de mañá O mércores 26 ás 17h celebrarán a festa Benvida o Verán con diferentes actividades. Así nolo contou a súa directora, Mónica Bugarín, quen amais anunciou que quedan 4 prazas para o curso Debuxando O Tui Urbano e Natural que impartirá Coral Martínez.
    Show more Show less
    5 mins
  • Espazo Xove | Martes, 28 de maio de 2024
    May 28 2024
    Hoxe con Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, falamos das actividades que quedan da Campaña de Verán da Xunta, pero tamén lembrou que este venres remata a inscrición no proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Avanzou actividades para xuño e xuño coma un campionato de Jenga, exposición de debuxo de Sonic, ou o curso Debuxando Tui, urbano e natural.
    Show more Show less
    6 mins
  • Sección Espacio Xove| Martes, 14 de maio de 2024
    May 14 2024
    O Espazo Xove de Tui acollerá o obradoiro Fiando Narrativas Visuais os venres 24 e 31 deste mes. O prazo de inscrición está aberto até o próximo luns día 20. Deunos todos os detalles Mónica Bugarín, directora do centro. Tamén lembrou que até o 31 deste mes está aberto o prazo de inscrición no proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Este sábado este centro xuvenil estará pechado.
    Show more Show less
    5 mins
  • Espazo Xove | Martes, 30 de abril de 2024
    Apr 30 2024
    O Espazo Xove de Tui acolle este venres ás 18 h un Campionato de Sudoku, co que abren a programación do mes de maio.Na mesma figura tamén o obradoiro "Fiando narrativas visuais" que terá lugar os venres 24 e 31. Así nolo contou hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.
    Show more Show less
    7 mins
  • Espazo Xove | Martes, 2 de abril de 20234
    Apr 3 2024
    No tempo quincenal do Espazo Xove no programa Día a Día a súa directora, Mónica Bugarín, deunos conta do Campionato de Parchís que terán este venres, do curso de xardineiría "Coas mans no xardíns. Plantas Aromáticas" que celebrarán o 12 e 19 deste mes, e da Feira de Primavera prevista para o 26 de abril. Amais daba conta que nos vindeiros días sairán os campamentos da Xunta para o verán, e daba datos do Discover.eu
    Show more Show less
    7 mins
  • Espazo Xove | Martes, 19 de marzo de 2024
    Mar 19 2024
    Este venres ás 18.30 h inaugúrase no Espazo Xove a exposición literaria de Inés Martínez. Coincidinco coa inauguración haberá un xogo literario. Poderá visitarse até o 22 de abril. Así o avanzou a directora do centro, Mónica Bugarín, quen lembrou que este xoves ás 17 h haberá unha nova xornada do obradoiro de reciclaxe. Por outra parte avanzou que a CAI actuará na Semana de Teatro Amador de San Telmo, e que abriu o prazo de solicitude de bolsas do Ministerio de Educación para estudos non obrigatorios.
    Show more Show less
    4 mins
  • Espazo Xove | 5 de marzo de 2024
    Mar 5 2024
    Este venres 8 de marzo haberá un campionato de futbolín no Espazo Xove de Tui. Será a partir das 17.30 h coma explicaba directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, lembrando que está aberto o prazo de inscrición. Por outra o xoves ás 17 h continúa o obradoiro “Recicla con arte” para o que non é preciso inscrición previa. Deu conta tamén da convocatoria dos campos de traballo no estranxeiro e do certame Lingua de Namorar.
    Show more Show less
    6 mins
  • Espazo Xove | Martes, 20 de febreiro de 2024
    Feb 20 2024
    Este venres ás 18.30 h haberá unha xincana no Espazo Xove para mocidade de 12 a 30 anos. A inscrición está aberta até media hora antes. Esta é unha das actividades das que hoxe nos deu conta Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil. Tamén lembrou que arestora teñen en marcha un obradoiro de reciclaxe que se celebra os xoves, a Compañía Artística Interdisciplinar que ten lugar os venres, e os xogos de mesa os sábados pola tarde.
    Show more Show less
    5 mins