• Ent. Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA | Día Mundial do Alzhéimer
    Sep 20 2024
    Mañá, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer. En Tui o Concello de Tui porá en breve en marcha a sexta edición do programa de prevención Cultiva a Mente, en colaboración con AFAGA. Amais no Centro de Recursos de Randufe desenvolve actividades para persoas que contan xa cun diagnóstico de Alzheimer ou outras demencias. Desta actividades, así coma da enfermidade, da prevención, ... falamos esta mañá con Beatriz González, psicóloga de AFAGA.
    Show more Show less
    16 mins
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentable
    Sep 19 2024
    A Eurocidade Tui-VAlença presentou onte á tarde o seu Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentable. Falamos destes estudo que contempla o proxecto piloto dun autobús eléctrico que conecte os centros urbanos de Tui e Valença, co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
    Show more Show less
    12 mins
  • Ent. Tania Otero, de Cucadas | Espazo Comercio
    Sep 19 2024
    No tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Tania Otero de Cucadas. Este establecemento abriu as súas portas en setembro de 2005. Neste camiño de dezanove anos foron evolucionando no que se vende para os bebés porque, como explica Tania, mudou moito. O seu punto forte é o asesoramento aos pais e nais; e o seu obxectivo a medio prazo é avanzar nas súas redes sociais.
    Show more Show less
    6 mins
  • Ent. Xosé Martínez Tato, club AndaTui Rego da Pedra| Andaina entre Valença e Tui pola Semana da Mobilidade
    Sep 19 2024
    Este domingo día 22 de setembro ás 10:00 ES partirá dende a Praça da República de Valença unha andaina organizada polo club AndaTui Rego da Pedra con motivo da Semana da Mobilidade. A meta estará na praza da Inmaculada, en Tui. O tren turístico da Eurocidade transportará ós participantes de Tui até o punto de saída, ás 9:30 h ES, e volverá á Valença dende a praza da Inmaculada, ás 12:30 h ES.
    Show more Show less
    4 mins
  • Ent. Ángel Pozo de Terra Sigilata | Concerto música sefardí no Setembro xudeu
    Sep 19 2024
    Este domingo día 22 de setembro a igrexa de San Domingos, en Tui, ás 20 h, acollerá o principal evento do "Setembro xudeu". Será coa música de Terra Sigilata, un dúo palentino conformado polos irmáns Ángel e Marimar Pozo.
    Show more Show less
    7 mins
  • Ent. Paula López de Equigalia - Concurso Nacional de salto
    Sep 19 2024
    Cita destacada esta fin de semana en Tui co Concurso Nacional de Saltos que se vai celebrar nas instalacións de Equigalia, e que vai reunir a destacados xinetes e amazonas. A competición comezará mañá venres ás 14 h e continuará até o domingo coa disputa do gran premio. A entrada é de balde. No Instagram do Club @csn_equigalia pódense consultar os horarios.
    Show more Show less
    9 mins
  • Ent. María Fernández | Transporte público ao CUVI dende Tui
    Sep 17 2024
    María Fernández é veciña de Tui e nai dun estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Solicita que haxa un servizo directo de autobús, dende o CUVI a Tui, ás 14 h cando o alumnado sae das clases, xa que actualmente so hai servizo ás 12 h ás 13 h e ás 20 h. Contounos a situación no programa Día a Día.
    Show more Show less
    6 mins
  • Ent. Mar López de MyR | Espazo Comercio
    Sep 16 2024
    No tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Mar López de MyR Lanas. Este establecemento abriu as súas portas en outubro de 2005, comezando con abalorios. Nestes dezanove anos tivo xa tres emprazamentos e nos que se foi renovando. Explicounos os distintos talleres que ofrecen aos que cada vez máis persoas se suman a tecer. Avanzaba que en outubro terá dous días de maratón teceril.
    Show more Show less
    11 mins