Episodes

  • Ep. 08 - DIY, autoxestión e autoprodución
    Jun 21 2023

    O Do It Yourself (DIY) aplicado á música fala de que a artista asuma, en maior ou menor grao, o proceso de creación. Pero sobre todo ten que ver coa creación á marxe da industria mainstream e das grandes disqueiras, coa independencia coma un fin e non un medio. A forma máis intuitiva sería a de traducila como "faino ti mesma", pero a que máis se achega á realidade é "facédolo vós mesmas", pola idea do colectivo que tamén vai pegada ao DIY.


    É complicado separar o que é ou non DIY en Galicia por ser a nosa unha cultura non hexemónica e sen apenas infraestrutura propia. Por iso, invitamos a dúas persoas que defenden e se sinten identificadas co que é un xeito de facer as cousas: Adán Canda (Lamprea Explosiva) e Daniel Valcárcel (Aeronave Adolescente). Berto acompáñanos no estudio para unirse á conversa.

    Show more Show less
    1 hr and 14 mins
  • Ep. 07 - Novo pop galego
    Jun 7 2023
    Quedou ben claro que nos gusta transitar as ambigüidades. É momento de abrir o gran caixón de xastre dos xéneros (e iso que hai moitos!): o pop. Por iso, invitamos a tres persoas que pouco teñen que ver entre elas -musicalmente falando-, pero que se gardan baixo este paraugas na que todo cabe: Mariagrep, Elba e Maiko Leinad. Con elas preguntámonos que dinámicas observan dentro da escena galega, se hai pop no underground e como se presenta a misoxinia e a cisheteronormatividade. Esta vez sen colaboradores na mesa. 00:02:45 - Estado da cuestión 00:14:37 - Entrevista 00:43:54 - Conversa
    Show more Show less
    1 hr
  • Ep. 06 - O rock en Galicia
    May 24 2023

    Isto vai sobre rock: sobre se é principalmente unha cuestión de actitude, sobre se pode haber rock sen guitarras e, o máis importante, sobre se realmente segue vivo o rock. Conversamos e compartimos impresións arredor destas cuestións con Isa Cea, vocalista e baixista en Triángulo de Amor Bizarro; Samuel González, vocalista e guitarrista en The Rapants, e Óscar Revillas, vocalista e baixista en Copa Turbo.

    Esa é a teoría. Na práctica, atópamonos fronte ao episodio máis caótico dos Violentos Anos Vinte. Desconéctase un micro pola emoción desatada en plató, Isa despídese en directo (e non porque a tratásemos mal!) mentres decidimos que facer cos 15 minutos que nos quedan e o episodio á metade... Nunca un guión se sentiu tan ignorado. Ah! E, por suposto, o noso colaborador Nuno Pico está de volta. Puro rock.


    00:02:09 - Estado da cuestión

    00:17:00 - Entrevista

    00:58:58 - Despedimos a Isa e intentamos manter unha conversa

    01:08:29 - 'Saber vivir' con Nuno


    Show more Show less
    1 hr and 15 mins
  • Ep. 05 - Clubbing e experimentación na electrónica
    May 10 2023

    É momento de falar da música que só se experimenta unha vez, da que vive fóra das plataformas e existe para que os corpos bailen: a que vive no club. Esta cultura, asociada a diferentes estilos dentro da electrónica, tamén vive nas discotecas de Galicia maiormente grazas a acción dos colectivos que a impulsan, como Malfario, Flux ou Chalana/Apnea. Sentamos con tres persoas que ben coñecen o que acontece no espazo nocturno galego: Russ, Juait e Crnds. Elus, ademais, comparten o seren produtoras da súa propia música, que tende á experimentación dentro do amplo caixón que comprende a electrónica.


    00:02:44 - Estado da cuestión


    00:16:52 - Entrevista a Russ, crnds e Juait


    00:46:04 - Conversa

    Show more Show less
    1 hr and 10 mins
  • Ep. 04 - A escena musical de Vigo
    Apr 26 2023

    A Movida dos 80 opacou a imaxe da produción musical en Vigo durante décadas e a súa lembranza quedou arraigada como unha pantasma. Pero a alguén lle importa a Movida en 2023? Xuntámonos con Yago Guirado (Kings Of The Beach), Denis Carballás (The Riggos) e Tania Prieto (Dalsi) para demostrar que a actividade musical da cidade transcende aquel fenómeno que sucedeu hai xa corenta anos. Existe unha escena ou varias? Que papel xogan as salas? Pese ao desmantelamento de iniciativas e a falta de apoio institucional, en Violentos Anos Vinte sabemos que en Vigo se toca e moito.

    Ademais, acompáñanos no estudio Nuno Pico para descubrirnos un tema de Jay, unha das bandas máis coñecidas de Vigo e hoxe refundida en Mundo Prestigio; e, por suposto, falarnos das súas lembranzas con eles.

    00:03:53 - Estado da cuestión

    00:18:27 - Entrevista a Yago Guirado, Denis Carballás e Tania Prieto

    00:41:00 - Conversa

    00:58:00 - 'Saber vivir' con Nuno


    Show more Show less
    1 hr and 10 mins
  • Ep. 03 - Sons e ritmos latinos
    Apr 12 2023

    Reguetón, cumbia, bachata, merengue... e todo o que algunha vez bailamos nunha discoteca, unha orquestra ou na casa. Desta vez é momento de falar de ritmos que proveñen das culturas latinas, de culturas en principio alleas á nosa; pero que inflúen na nosa música máis recente. Veñen ao estudio Adri, Héctor e Iván de Lontreira para explicarnos como elus incorporan estes sons aos seus temas e, por suposto, para falar do seu primeiro álbum, Apnea. Tamén nos acompaña Berto, experto en materia.

    00:02:36 - Estado da cuestión

    00:15:32 - Entrevista a Lontreira

    00:41:00 - Conversa

    Show more Show less
    1 hr
  • Ep. 02 - A renovación da música tradicional
    Mar 29 2023
    No segundo episodio de Violentos Anos Vinte ollamos cara a renovación da música tradicional nas súas múltiples formas. Está o tradi de moda? Como se combina o folk con outros estilos? Cal é o rol da propiedade intelectual nas cancións populares? Acompáñanos no estudo Aitana Cuétara, responsable de Luneda Producións e a cooperativa cultural Nave de Lata, e O Rabelo, rapeire e autore do álbum 'Suor', como convidades. Ademais, o noso colaborador Berto Mira debulla a produción de 'LISÍSTRATA' (Fillas de Cassandra) e 'Saco de pulgas' (Mondra). 00:02:55 – Estado da cuestión 00:15:43 – Entrevista a Luneda e O Rabelo 00:45:27 – Conversa 01:12:25 – A produción de tradi segundo Berto
    Show more Show less
    1 hr and 18 mins
  • Ep. 01 - A música galega alén das fronteiras
    Mar 15 2023

    Este episodio inaugural dos Violentos Anos Vinte, sobre a música galega alén das fronteiras, é un prólogo do que vén. Por iso, adicamos máis dunha hora a intentar definir esas fronteiras. Cando é unha canción “galega” e cando deixa de selo? Inflúe o idioma na ruptura das “fronteiras”? Como se relaciona a diáspora con todo o anterior? Acompáñanos Xoán Domínguez de Blanco Palamera, dúo compostelán afincado en Madrid, e Cibrán Tenreiro, músico e doutor na Facultade de Ciencias da Comunicación, para conversar sobre estas cuestións. O noso colaborador Nuno Pico descúbrenos un tema feito por un galego emigrado e a historia detrás del.

    00:07:58 – Estado da cuestión

    00:18:30 – Entrevista a Cibrán Tenreiro e Xoán Domínguez

    00:39:47 – Conversa

    01:04:45 – Os contos do Nuno

    Show more Show less
    1 hr and 17 mins