Informativos Podcast By Radio Municipal de Tui cover art

Informativos

Informativos

By: Radio Municipal de Tui
Listen for free

About this listen

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.© 2025 Radio Municipal de Tui Politics & Government
Episodes
  • Noticias 13.30 h | Venres, 27 de xuño de 2025
    Jun 27 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convocou unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos para este ano que será debatida o próximo martes, 1 de xullo ás 20 h, en pleno extraordinario - Tui impulsa unha nova etapa para o seu Conxunto Histórico coa modificación do PEPCHA - O AECT Rio Minho presenta a renovación da Estratexia Rio Minho 2030 - Hoxe inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Sobre la brevedad de la vida” de Xulio M. Sigüenza - O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe o espectáculo de artes escénicas “El jardín de las delicias”, da Escola de Danza Paula Cobián - Este domingo é a última xornada de formación do Programa Vacacións en Paz de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí - Información deportiva
    Show more Show less
    30 mins
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de xuño de 2025
    Jun 26 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que actúe na mellora do estado no treito internacional do río Miño - O Partido Popular de Tui critica unha falla de diálogo por parte do goberno municipal nos orzamentos deste ano - Milhanas e Perico Sambeat súmanse as actuacións do XIII IKFEM Festival Tui - Valença - Tui conmemora os Xogos Florais de Galicia cunha homenaxe á escritora Francisca Herrera hoxe ás 20 h - O Cineclub Tui proxecta esta tarde a película "A quimera do ouro" de Charles Chaplin cun coloquio posterior - Este sábado, como parte da programación do Mes Cultural de Paramos, vaise realizar a II Andaina Cultural “Coñece Paramos” - Información deportiva
    Show more Show less
    29 mins
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de xuño de 2025
    Jun 25 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Rexeitados en pleno os orzamentos do Concello de Tui para 2025 - A Deputación financia con 166 mil euros o arranxo do muro do parque infantil dos Xardíns de Troncoso - Esta semana prodúcese o relevo ao fronte da Comandancia Naval do Miño - A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia na que anualmente participa Tui declarada BIC - Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada actúan esta tarde en Tui dentro dos actos conmemorativos do Xogos Florais de Galicia - 350 deportistas participan este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez no XI - Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
    Show more Show less
    29 mins
No reviews yet