• Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de setembro de 2024
    Sep 19 2024
    En Noticias 13.30 h deste xoves, 19 de setembro, recollemos a presentación do estudo de mobilidade sustentable transfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença, que recolle o proxecto piloto dun autobús eléctrico entre os centros urbanos. A celebración en Tui do 5º networking de Mercatus, o Concurso Nacional de Saltos que celebrará na cidade, xunto a outras novas, as citas e o deporte forman parte tamén deste tempo de información.
    Show more Show less
    29 mins
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de setembro de 2024
    Sep 18 2024
    Hoxe ás 18 h presentarase o estudo “Mobilidade Urbana Sustentável Transfronteiriça da Eurocidade Tui.Valença”. Así o recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao peche por mantemento da pasarela peonil do Louro. Amais damos conta da situación cos indencios forestais en Portugal, da presentación do Concurso Nacional de Saltos, xunto a outras novas da xornadas.
    Show more Show less
    26 mins
  • Noticias 13.30 h | Martes, 17 de setembro de 2024
    Sep 17 2024
    Esta mañá comezaron os traballs de renovación da capa de rodaxe na A55 en Tui que se prolongarán até mañá mércores. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde damos conta do novo material para cursos de RCP adquirido polo Concello de Tui, coñecemos a última hora dos incendios en Portugal, falamos do transporte directo co CUVI dende Tui, e o balance do proxecto NOVATERRA de Terras Gauda. As citas e o deporte completan este tempo de información.
    Show more Show less
    29 mins
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de setembro de 2024
    Sep 16 2024
    O programa Boas Vibes que se celebra este venres, sábado e domingo en Tui abre o Noticias 13.30 h deste luns. Facemos balance do MUMI e da programación do Setembro Xudeu, xunto a outras novas da actualidade local e comarcal, as citas hoxe nas festas das Dores en Guillarei e do Alivio en Tomiño e o deporte, completan este tempo de información.
    Show more Show less
    29 mins
  • Noticias 13.30 h | Venres, 13 de setembro de 2024
    Sep 13 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h coa programación do MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal que se está a celebrar na Eurocidade Tui-Valença. A visita guiada e a ruta de tapas do Setembro Xudeu, a rodaxe da película "Rondallas", as festas das Festa Das Dores Guillarei e do Alivio no Concello de Tomiño, xunto a outras citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información.
    Show more Show less
    26 mins
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 12 de setembro de 2024
    Sep 12 2024
    Máis de 2.300 alumnos e alumnas iniciaron onte o curso escolar en Tui. Repasamos as cifras de matriculación nas distintas etapas educativas no Baixo Miño. Amais en Noticias 13.30 h recollemos o inicio do MUMI cun serán ás 20.30 h na praza de San Fernando. Outras novas de Tui e da comarca, as citas e o deporte, completan este tempo de información.
    Show more Show less
    27 mins
  • Noticias 13.30 h | Martes, 3 de setembro de 2024
    Sep 3 2024
    O número de parados baixou na comarca do Baixo Miño en 16 persoas no mes de agosto até as 2.557 inscritas nos Servizos Públicos de Emprego. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta da consolidación de Tui como punto de partida de peregrinos/as en agosto no Camiño Portugués. As citas do día coma a Semana Cultural de Xuntanza e unha ampla crónica do deporte completan este tempo de información.
    Show more Show less
    23 mins
  • Noticias 13.30 h | Luns, 2 de setembro de 2024
    Sep 2 2024
    As obras de humanización da Avenida de Portugal suporán un investimento de 500 mil euros. Hoxe visitaron a zona o alcalde de Tui e o delegado de goberno. Así o recollemos en Noticias 13.30 h . Damos conta amais da da tripe cita esta tarde dentro da programación do Setembro Xudeu. Outras novas da actualidade local e comarcal e o deporte completan este tempo de información.
    Show more Show less
    27 mins